Que é unha Carta de Servizo?
Unha Carta de Servizos é un documento polo que un Departamento, Servizo ou Concellería do
Concello informa os cidadáns sobre:
- Os servizos que presta e a forma de prestalos.
- Os compromisos de calidade que asume para proporcionar un mellor servizo.
Criterios de Actualización: As Cartas de Servizos serán avaliadas e revisadas anualmente, mediante grupos de traballo que terán en conta as opinións presentadas polos cidadáns.
A quen vai dirixida?
O Concello é unha institución que presta servizo aos cidadáns, polo que a súa xestión oriéntase á satisfacción das súas necesidades e expectativas. Por este motivo, as Cartas de Servizos diríxense aos usuarios dos servizos.
Cales son os obxectivos das Cartas de Servizo?
A finalidade das Cartas de Servizos é:
- Achegar o Concello aos cidadáns.
- Informar os cidadáns sobre os servizos prestados polo Concello.
- Expresar o esforzo do Concello pola mellora dos servizos municipais.
- Establecer un nivel adecuado de calidade dos servizos e controlar o seu mantemento.
- Posibilitar que os cidadáns opinen sobre o funcionamento dos servizos municipais.
Cales son os contidos das Cartas de Servizos?
- O nome e labores da Unidade, Servizo ou Concellería que a emite.
- Os servizos prestados por esa Unidade, Servizo ou Concejalía.
- Os compromisos de calidade asumidos.
- Información sobre a forma de participación dos usuarios.
- Direccións e teléfonos da unidade.
- Horario.