Calendario de días inhábiles

A Administración Xeral do Estado fixan anualmente, segundo establece a lei, o calendario de dí­as inhábiles a efectos de cómputos de prazos. Este calendario publícase antes do comezo de cada ano no «Boletí­n Oficial do Estado» e noutros medios de difusión que garanten o seu coñecemento polos cidadáns.

Calendario Administración Xeral do Estado: Resolución do 27 de decembro de 2016, da Secretarí­a de Estado de Función Pública, pola que se establece, a efectos de cómputos de prazos, o calendario de dí­as inhábiles no ámbito da Administración Xeral do Estado para o ano 2017

A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse no Rexistro Electrónico durante as vinte e catro horas de todos os dí­as do ano. Para os efectos do cómputo de prazo fixado en dí­as hábiles ou naturais, e no que se refire a cumprimento de prazos polos interesados, a presentación nun dí­a inhábil entenderase realizada na primeira hora do primeiro dí­a hábil seguinte, salvo que unha norma permita expresamente a recepción en dí­a inhábil.

Este servizo poderá interromperse polo tempo imprescindible só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo. A interrupción anunciarase nesta Sede coa antelación que, en cada caso, resulte posible.