Preguntas máis frecuentes

Que vantaxes se obteñen coa administración electrónica?

Neste vídeo móstranse as vantaxes da administración electrónica para a poboación

Como facer trámites por Internet?

Pode realizar trámites administrativos a través de Internet, de forma sinxela e segura, evitando desprazamentos innecesarios, para iso só necesita acceder á Sede electrónica e identificarse correctamente por medio dun certificado dixital expedido por calquera entidade de certificación (CA), incluíndo os certificados contidos no DNI electrónico (DNIe).

É seguro tramitar por Internet?

O primeiro paso para facer trámites en Internet, de maneira segura, consiste en identificarse da forma adecuada a través do certificado dixital ou o DNI electrónico. Outra medida de precaución básica consiste en navegar utlizando programas que protexan o teu equipo fronte a virus e outros perigos. Consulta medidas de protección para navegar de forma segura por Internet.

Para garantir que os datos sensibles que se intercambian en Internet non sexan accesibles, o Concello utiliza o protocolo SSL. Trátase dun protocolo de encriptación que cifra a información, protexéndoa e impedindo que poda ser interceptada. A conxunción do certificado dixital e o protocolo SSL garante a confidencialidade, integridade e autenticidade dos datos que se envían por Internet.

Necesito configura-lo meu navegador para que acepte o protocolo SSL?

A configuración por defecto da mayorí­a de os navegadores acepta conexións baseadas en protocolos SSL. As conexións deste tipo son aquelas cuxa dirección comeza co código https:// en lugar do http:// convencional. A presenza de SSL é unha garantí­a de seguridade cando se intercambian datos sensibles (información persoal, números de cartóns de crédito, etc.). Se o seu navegador non pode acceder a este tipo de direccións, é necesario configuralo de forma manual. Recomendamos que consulte co seu provedor de servizos informáticos este aspecto.

Máis Información

Manual Práctico de Supervivencia na Administración Electrónica, de Alberto López Tallón (Licencia Creative Commons).