Preguntas máis frecuentes
Neste vídeo móstranse as vantaxes da administración electrónica para a poboación
Pode realizar trámites administrativos a través de Internet, de forma sinxela e segura, evitando desprazamentos innecesarios, para iso só necesita acceder á Sede electrónica e identificarse correctamente por medio dun certificado dixital expedido por calquera entidade de certificación (CA), incluíndo os certificados contidos no DNI electrónico (DNIe).
O primeiro paso para facer trámites en Internet, de maneira segura, consiste en identificarse da forma adecuada a través do certificado dixital ou o DNI electrónico. Outra medida de precaución básica consiste en navegar utlizando programas que protexan o teu equipo fronte a virus e outros perigos. Consulta medidas de protección para navegar de forma segura por Internet.
Para garantir que os datos sensibles que se intercambian en Internet non sexan accesibles, o Concello utiliza o protocolo SSL. Trátase dun protocolo de encriptación que cifra a información, protexéndoa e impedindo que poda ser interceptada. A conxunción do certificado dixital e o protocolo SSL garante a confidencialidade, integridade e autenticidade dos datos que se envían por Internet.
A configuración por defecto da mayoría de os navegadores acepta conexións baseadas en protocolos SSL. As conexións deste tipo son aquelas cuxa dirección comeza co código https:// en lugar do http:// convencional. A presenza de SSL é unha garantía de seguridade cando se intercambian datos sensibles (información persoal, números de cartóns de crédito, etc.). Se o seu navegador non pode acceder a este tipo de direccións, é necesario configuralo de forma manual. Recomendamos que consulte co seu provedor de servizos informáticos este aspecto.
Manual Práctico de Supervivencia na Administración Electrónica, de Alberto López Tallón (Licencia Creative Commons).