Programas e aplicacións
A Sede Electrónica funciona baixo calquera navegador e/ou sistema operativo, aínda que incorpora un compoñente de autenticación e firma baseado en tecnoloxía Java e esta si que aplica unha serie de restricións, só para aquelas funcionalidades da sede que requiran destes procesos de autentificación do usuario ou de firma dixital.
Internet Explorer (Versión 7 ou superior)
Mozilla Firefox (Versión 4 ou superior)
Desaconséllase o uso do navegador Google Chrome xa que a partir da versión 45 non poderá executar compoñentes Java, polo que poderá realizar consultas na sede electrónica do Concello pero non poderá asinar documentos.
Para poder asinar electrónicamente utilizase a plataforma @firma, que se basa en Java para o seu funcionamento. Java é unha linguaxe de programación e unha plataforma informática comercializada por primeira vez en 1995 por Sun Microsystems (Na actualidade está xestionada e mantida por Oracle). Hai moitas aplicacións e sitios web que non funcionarán a menos que teña Java instalado e cada día créanse máis. É necesario instalar (se non o está) o software básico de Java e configuralo correctamente, no caso probable de que xa o teña, deberá de mantelo actualizado. A versión máis recente de Java contén importantes melloras para o rendemento, estabilidade e seguridade das aplicacións Java que se executan no seu equipo. A instalación da actualización é gratuíta e garante que as súas aplicacións Java sigan executándose de forma segura e eficaz.
Se non sabe se o ten instalado, utilice este enlace: Comprobar máquina virtual de Java no meu equipo. No caso de que non o teña, utilice este enlace: Descarga máquina virtual de Java para a súa instalación.Por seguridade, a sede electrónica emite os documentos en formato PDF (Portable Document Format). Necesitará ter un visualizador de documentos PDF para podelos ver. O máis utilizado e o lector gratuito de Adobe: Adobe Reader, que pode obter (se non o ten) facendo clic aquí.