Protección de datos

Toda a información que se recolle nesta Sede electrónica foi tratada cunha absoluta e estrita confidencialidade.

Nos distintos trámites ofrecidos solicítase aos seus usuarios datos de carácter persoal: nome, apelidos, dirección, etc., para poder realizar a tramitación solicitada, cumprindo as condicións de seguridade e confidencialidade esixidas pola lexislación vixente.

Estes datos intégranse nos correspondentes ficheiros informatizados do Concello, de acordo coa lexislación ou normativa vixente.

O Concello comprométese a respectar a privacidade e confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen, así­ com a implementación das medidas, de orde técnica e organizativa, que garantan a seguridade destes datos.

Exercicio de dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición, previstos á Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Para o exercicio destes dereitos, aquelas persoas que o desexen poderán exercer os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición a través do procedemento establecido para ese efecto no Regulamento para a creación, modificación e supresión de ficheiros que conteñen datos de carácter persoal.