Rexistro telemático

O rexistro electrónico ou telemático é a canle electrónica do Rexistro Xeral do Concello e permite a presentación electrónica dunha instancia de carácter xeral de forma telemática, é dicir, desde a súa casa sen necesidade de acudirse nas dependencias de atención ao cidadán do Concello. O seu uso é alternativo á presentación fí­sica no Rexistro Xeral do Concello.

Este servizo está operativo as 24 horas do dí­a, durante todos os dí­as do ano, exceptuando as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

Requisitos técnicos

Necesitará un certificado dixital que lle identifique. No apartado Coñeza a Sede > Sistemas de Autenticación e Sinatura Aceptados detállanse cales son os certificados dixitais válidos para realizar trámites on-line con esta administración e como debe solicitalos. Este certificado dixital serviralle entre moitas outras cousas, para realizar esta solicitude telemática desde esta páxina, así­ como todos os trámites on-line dispoñibles desde o apartado de trámites ou desde o cartafol cidadán desta sede.

O certificado debe ser válido, é dicir, non debe estar caducado nin revogado pola autoridade de certificación que o emitiu. Se non o ten instalado en modo software no seu navegador, requirirá dun lector de cartóns criptográficas.

Os certificados dixitais garanten a legalidade das transaccións realizadas por Internet e permiten asinar os documentos electronicamente, para darlles validez jurí­dica.

Pasos para presentar unha solicitude no rexistro electrónico

  1. Seleccione o trámite.
  2. Cumprimente o formulario e, se é necesario, achegue documentación en formato ficheiro PDF
  3. Firme electronicamente o formulario
  4. O rexistro devolveralle o formulario en formato PDF co número de anotación, a data e hora, e un código de verificación que lle permitirá a súa comprobación e recuperación.
    Garde o formulario co selo do rexistro ou imprimalo, xa que lle servirá de xustificante da operación realizada

Debe ter en conta que a non recepción do formulario co selo do rexistro ou, no seu caso, a recepción dunha mensaxe de indicación de erro ou deficiencia da transmisión implicará que non se produciu a recepción, debendo realizarse a presentación noutro momento ou utilizando outros medios.

Consulta de entradas en Rexistro Electrónico:

O servizo dos Meus Expedientes permitiralle consultar as entradas que realizase no Rexistro do Concello a través das súas canles (presencial ou electrónico).

Acceder ao servizo de Consulta do Rexistro

Tamén pode acceder aos xustificantes de rexistro electrónico e comprobar a súa autenticidade mediante o Código de Verificación Electrónica que aparece nos documentos, utilizando o servizo de Verificación de Documentos.

Calendario e cómputo de prazos

A efectos do cómputo de prazos, salvo o regulado en procedementos especiais, a presentación nun dí­a inhábil entenderase realizada ás cero horas e un segundo do primeiro dí­a hábil seguinte. En ningún caso a presentación electrónica de documentos implicará a modificación dos prazos establecidos legalmente.

Considéranse dí­as inhábiles, a efectos do rexistro electrónico do Concello, os establecidos como dí­as festivos no calendario oficial de festas laborais da Comunidade Autónoma e de festas locais deste municipio. Este calendario está publicado na sede electrónica.

Outras canles alternativas ao rexistro electrónico

A presentación por medios electrónicos ten carácter voluntario, sendo, por tanto, alternativa á utilización dos lugares de presentación sinalados no artí­cu 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, coas excepcións contempladas no artí­cu 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño.